luns, 14 de setembro de 2015

Comezando a ser científic@s!

Neste comezo de curso, o alumnado de 3º ESO da materia de Física e Química vai probar que tal se lle dá iso de ser científic@.

O primeiro reto que deberán enfrontar será o de deducir de que variables creen que vai depender o periodo de oscilación un péndulo, ou de que outras o que se vai alongar un resorte baixo a acción dunha forza.


Despois deberán propoñer as súas hipóteses e deseñar un experimento que lles permita ver cales de elas eran correctas e cales non.

Iso foi o que fixeron no IES "Antonio Mª Calero" de Pozoblanco, Córdoba para o caso do péndulo e aquí vos deixo o resultado.




Se queres seguir investigando, poderías informarte sobre o Péndulo de Foucault.

xoves, 14 de maio de 2015

Continuamos cos seres vivos: A célula

Primeiro imos ver uns vídeos xa que mais vale unha imane que mil palabras!





Vos atrevesdes agora cunhas actividades sinxelas? Vounas agrupar en diferentes graos de dificultade:


martes, 12 de maio de 2015

Modelos atómicos


Imos comezar a estudar os átomos pero o primeiro será coñecer a evolución histórica no seu coñecemento e os diferentes modelos e teorías que foron xurdindo ao longo do tempo. En 3º ESO quedarémonos co modelo de Rutherford e en 4º ESO co modelo de Böhr, pero debemos saber que ambos están superados dende hai moito tempo.





Tamén podes consultar os apuntamentos e animacións virtuais das seguintes páxinas:

* web de Educastur.
* web da Universidade de Córdoba.
* Intef.
* Quimicaweb.net

Agora imos practicar un pouco o que vimos de aprender, para iso preme aquí.

Hoxe en día, no CERN (Organización Europea para a búsqueda Nuclear), onde se atopa o maior acelerador de partículas mundial, seguen a traballar para atopar novas partículas subatómicas e para intentar atopar unha lei que unifique as leis que gobernan o mundo a nivel macroscópico coas que funcionan a níveis atómicos e subatómicos. Se queres saber mais podes ver o seguinte documental:


luns, 11 de maio de 2015

Os seres vivos


Veña, ánimo, que xa nos queda pouco! No que nos queda de curso imos traballar cos seres vivos e para iso imos empregar un material estupendo feito polo Junta de Andalucía. Moverémonos entre virus e bacterias, aloumiñaremos golfiños e otros mamíferos como nós, ou preferides algún insecto? Tranquilos que hai para todos os gustos... Comezamos? Premede aquí.

E para telo todo claro un par de esquemas:



E por se aínda fai falta un repasiño preme aquí.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

Visita a Meteogalicia

O pasado 12 de xaneiro, o alumnado de 1º ESO do noso centro visitou as instalacións de Meteogalicia en Santiago de Compostela. Esta saída, feita en colaboración co departamento de Xeografía e Historia, incluiu una gincana ou xogo de pistas polos arredores da Catedral onde o pasaron bárbaro.









Na páxina de Meteogalicia dan conta da nosa visita e teñen colgada esta foto!