xoves, 14 de maio de 2015
martes, 12 de maio de 2015
Modelos atómicos
Imos comezar a estudar os átomos pero o primeiro será coñecer a evolución histórica no seu coñecemento e os diferentes modelos e teorías que foron xurdindo ao longo do tempo. En 3º ESO quedarémonos co modelo de Rutherford e en 4º ESO co modelo de Böhr, pero debemos saber que ambos están superados dende hai moito tempo.
Tamén podes consultar os apuntamentos e animacións virtuais das seguintes páxinas:
* web de Educastur.
* web da Universidade de Córdoba.
* Intef.
* Quimicaweb.net
Agora imos practicar un pouco o que vimos de aprender, para iso preme aquí.
Hoxe en día, no CERN (Organización Europea para a búsqueda Nuclear), onde se atopa o maior acelerador de partículas mundial, seguen a traballar para atopar novas partículas subatómicas e para intentar atopar unha lei que unifique as leis que gobernan o mundo a nivel macroscópico coas que funcionan a níveis atómicos e subatómicos. Se queres saber mais podes ver o seguinte documental:
luns, 11 de maio de 2015
Os seres vivos
Veña, ánimo, que xa nos queda pouco! No que nos queda de curso imos traballar cos seres vivos e para iso imos empregar un material estupendo feito polo Junta de Andalucía. Moverémonos entre virus e bacterias, aloumiñaremos golfiños e otros mamíferos como nós, ou preferides algún insecto? Tranquilos que hai para todos os gustos... Comezamos? Premede aquí.
E para telo todo claro un par de esquemas:
E por se aínda fai falta un repasiño preme aquí.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)