luns, 15 de setembro de 2014

O universo II: Teorías Xeocéntricas e Heliocéntricas

Antigamente críase que o universo estaba formado pola Terra, a Lúa, o Sol , por outros cinco planetas e polas estrelas visibles. 

Sobre como estaban colocados había dúas teorías:

- A teoría xeocéntrica (do grego geo- "Terra") que situaba ao noso planeta no centro do universo. Foi establecida por Aristóteles (384-322 a.C.) e formalizada por Claudio Ptolomeo (100-170 d.C.). Mantívose vixente durante moitos séculos. Nesta teoría os demais planetas xiraban ao noso redor en órbitas circulares xa que o círculo considerábase a figura xeométrica perfecta e, polo tanto, símbolo de Deus.


- A teoría heliocéntrica (do grego helio- "Sol") no que o Sol considerábase o centro. Foi suxerida por Aristarco de Samos (310-230 a.C.), exposta por Nicolás Copérnico (1473-1543) e verificada por Galileo Galilei (1564-1642) e por Johannes Kepler (1571-1630).



E que credes que ocorreu cando o dixo? Pois que foi xuzgado pola "Tribunal da Santa Inquisición" e o 22 de xuño de 1633 foi obrigado a abxurar de xeonllos da súa teoría e condenado a permanecer arrestado no seu domicilio de por vida. Se queredes saber máis podedes ver o documental "E aínda así móvese..."No ano 1992 a igrexa pediu perdón a Galileo (ler nova).

Para aprender máis sobre este magnifíco físico, matemático, inventor que foi Galileo vos deixo con Érase unha vez... Los inventores.




Ningún comentario:

Publicar un comentario